Autorretrato de Mercè Rodoreda
En plena conmemoración do centenario do nacemento de Mercè Rodoreda, os filólogos Mònica Miró e Abraham Mohino presentaron onte o ensaio Autoretrat, unha especie de testamento vital e literario da autora de La plaza del Diamante a partir de material moi diverso e heteroxéneo. Publicado por Angle Editorial, os propios artífices da obra, que contén textos inéditos da autora, considerárona a máis importante das que se darán a coñecer neste "Ano Rodoreda", porque "por primeira vez a escritora fala con voz propia sobre ela e a súa literatura".
Dividida en cinco partes, destaca deste título o seu terceiro capítulo, baixo o epígrafe de No mirall (No espello), onde os dous estudosos elaboraron un longo monólogo da barcelonesa, -que cren pode ata representarse teatralmente-, a partir de 38 entrevistas concedidas entre os anos 1966 e 1983, nas que expresa tanto o seu xeito de ver a vida como a súa obra. Miró explicou en rolda de prensa que recolleron todas as palabras ditas pola narradora e téñenas "cosido, evitando repeticións, para acabar ofrecendo un discurso moi denso, no que Rodoreda nos fala en primeira persoa".
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada